A música, a maxia e o teatro serán mañá as protagonistas na programación de San Telmo
Dentro da programación das Festas de San Telmo 2023, mañá martes día 11 a música volverá a ter protagonismo, xunto coa maxia e o teatro.
Ás 16:30 h a Coral Ponte das Febres dará un concerto na Residencia San Telmo para os e as usuarias do centro.
Por outra banda, e pensando nos máis pequenos e pequenas da casa, o Rey Midas estará na carpa do Paseo da Corredoira coa súa actuación “Maxia cómica”, onde este mago con 20 anos de experiencia mestura humor, ilusionismo e misterio. Será a partir das 18:00 h.