Paula Pier con “Eu, fraude”
Paula Pier será a encargada de pechar a programación de outono no Teatro Municipal de Tui o venres, 15 de novembro, ás 21 h con “Eu, fraude”.
Eu, Fraude! é un espectáculo que celebra a forza de aferrarse á vida e gritar ao mundo coa nosa verdadeira voz. A través da recitación, a danza, o relato e o canto a obra rende unha unha homenaxe á vida, cun repertorio de cancións e textos de creación propia que son a guía dunha viaxe emocional.
É unha celebración do amor propio... en forma de festa!





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.