Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Fran Sieira presenta con Caamaño&Ameixeiras “BenQuerer” este venres no Teatro Municipal

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 23 de outubro, ás 21 h o espectáculo “BenQuerer”, no que o bailarín Fran Sieira e o dúo musical Caamaño&Ameixeiras conxugarán música e baile nunha peza íntima e emocional. Será ao abeiro da programación teatral de outono.

Exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na catedral de Tui” do fotógrafo Gus Abreu.

A Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez, acolle do 19 de outubro ao 30 de novembro a exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na catedral de Tui” do fotógrafo Gus Abreu.  

A mostra recolle 30 imaxes en gran formato  que  pretenden capturar e desvelar aqueles elementos, texturas, relevos, inscricións e detalles construtivos que, por atoparse en zonas restrinxidas, áreas de acceso elevado ou espazos pouco frecuentados polo público xeral, permanecen invisibles aos ollos do visitante cotián. 

O luns inaugúrase a exposición fotográfica “Na penumbra do tempo” de Gus Abreu

Undefined

O próximo luns, 19 de outubro, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez, inaugurarase a exposición fotográfica “A penumbra do tempo: 800 anos de luz e sombra na catedral de Tui” do fotógrafo Gus Abreu.  A mostra recolle unha escolma de imaxes da catedral tudense e forma parte do programa de actividades que promove o Concello de Tui para a conmemoración dos oitocentos anos da consagración da catedral de Santa María.

A Praza da Inmaculada acolle unha feira editorial dentro da programación da TuidCon HispaCon

Undefined

A literatura fantástica será protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración da  TuidCon HispaCon 2026, a convención nacional de Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror.  Na ampla programación prevista, con máis de 40 actividades, figura unha feira editorial na praza da Inmaculada.

TuidCon

Tui vai acoller do venres 16 ao domingo 18 de outubro a TuidCon Hispacon, a convención nacional de literatura fantástica. Ao longo de tres días a cidade acollerá mesas redondas, conferencias, presentacións de libros, feira editorial, xogos de rol, cosplay, gala de entrega de premios... contando coa participación de preto de medio centenar de autores e autoras. As convidadsa de honra son Rosa Montero e Mafalda Santos. 

A TuidCon Hispacon reúne en Tui a medio centenar de escritores e escritoras

Undefined

Durante tres días Tui converterase no epicentro da literatura fantástica coa celebración da TuidCon HispaCon 2026, a convención nacional deste xénero literario. Dende este venres 16 ata o domingo 18, preto de medio centenar de autores e autoras presentarán na cidade os seus libros ou participarán en conferencias e mesas redondas. Estas serán parte das actividades dun amplo programa que se desenvolverá ao longo de tres días no Espazo Sociocultural e nos edificios Francisco Sánchez e da praza da Inmaculada.  

Mañá inaugúrase a exposición bibliográfica “O sentido de Alicia” colección de Fátima García Doval

Undefined

A Biblioteca Municipal de Tui acolle mañá, mércores 14 de outubro, ás 19,30 horas, a inauguración da exposición bibliográfica titulada “O sentido de Alicia” cunha escolma da colección de Fátima García Doval sobre o libro de Lewis Carrol “Alicia no país das marabillas”.

A Biblioteca Municipal acolle o contacontos “Que contan as árbores?”

Undefined

O próximo martes, 13 de outubro, ás 17.30 horas, a Biblioteca Municipal de Tui, acolle o contacontos “Qué contan as árboles…?” a cargo do grupo Maquinarias Teatro. Presentarán ante o público unha historia sobre as árbores que abrangue varios relatos contados coa axuda da palabra e de obxectos de refugallo: contos de Gianni Rodari, Shel Silverstein, e Helga Méndez. Que Contan as Árbores…? é un espectáculo de narración oral que combina contos, obxectos e poesía visual para achegarnos á relación entre humanidade e natureza.

O Club de Lectura María Tydeska da Biblioteca Municipal inicia unha nova andaina tras o verán

Undefined

Co remate do verán os integrantes do Club de Lectura “Maria Tydeska” da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Tui retoman as súas xuntanzas en torno aos libros e a lectura, para poñer en común as súas lecturas por medio da conversa e da tertulia informal. En concreto onte mércores, 7 de outubro comezou a súa andaina do curso 2026/2027.

Un club de lectura é unha xuntanza periódica onde un grupo de persoas comentan diferentes libros, obras que previamente cada un deles leu de xeito individual.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura