A corporación municipal de Tui celebrará pleno ordinario correspondente ao mes de setembro o xoves, 24 de setembro, ás 20 h, co seguintes puntos na orde do día :
A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria anterior celebrada o día 30 de xullo de 2026.
2.Expediente 2073/2026. Ditame sobre a desistencia do procedemento de adxudicación do contrato de servizo de mantemento e conservación das zonas verdes municipais.
3.Expediente 4104/2026. Ditame sobre a aprobación do expediente de contratación para licitación do Contrato administrativo de servizos de mantemento e conservación das zonas verdes municipais.
4.Expediente 4706/2026. Ditame sobre a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de "CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CUBERTA" situado en PRAZA DO CONCELLO, Nº 5 – TUI, con referencia catastral 9552701NG2595S.
5.Expediente 4296/2026. Ditame sobre a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras "REHABILITACIÓN DE VIVENDA UNIFAMILIAR" do inmoble situado en RÚA SAN TELMO, Nº 2 – TUI, con referencia catastral 9754601NG2595S0001FJ.
6.Mocións de urxencia
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
7.Dación de conta das Resolucións ditadas pola Alcaldía e Concelleiras/os delegadas/os dende a número 2026-1191 de data 27/07/26 até a número 2026-1501 de data 18/09/26.
C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos




