Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Plan de recuperación, transformación e resiliencia

O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia español está enmarcado dentro dos plans nacionais que elaboraron os 27 estados membros da Unión para acollerse ao Plan de Recuperación para Europa NextGenerationEU.

España traballou intensamente nun plan que permita aumentar a produtividade e o crecemento potencial, avanzando cara a unha España verde, dixital, inclusiva, con maior cohesión social e territorial e sen brechas de xénero.

O Plan articúlase nun conxunto coherente de investimentos a realizar na súa práctica totalidade entre 2021 e 2023 e nun ambicioso programa de reformas estruturais e lexislativas orientadas a abordar os principais retos do noso país.

O plan español estrutúrase ao redor de catro eixos transversais que vertebrarán a transformación do conxunto da economía e que están plenamente aliñados coas axendas estratéxicas da UE, a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas: a transición ecolóxica, a transformación dixital, a igualdade de xénero e a cohesión social e territorial. Estes eixos guiarán todo o proceso de recuperación, inspirando as reformas estruturais e os investimentos que se poñan en marcha, co obxectivo último de recuperar o crecemento, fomentar a creación de empresas e acelerar a xeración de emprego.

Estes 4 eixos concrétanse en 10 políticas palanca e 30 compoñentes que articulan o importante programa de reformas e investimentos co horizonte 2023. Cada compoñente céntrase nun reto ou obxectivo concreto e inclúe reformas e investimentos que, de forma coherente e complementaria, contribúen a alcanzar os devanditos obxectivos ou superar os retos. Para todos eles, identifícanse as metas e fitos intermedios, os resultados esperados, o número de beneficiarios, así como o custo detallado de cada elemento.

Concello de Tui