Concerto de Nadal da Eurocidade "Nadal de Cristal"
O sábado, 16 de decembro, ás 21.30 h ES o Teatro Municipal de Tui acollerá o concerto de Nadal da Eurocidade Tui-Valença titulado “Nadal de Cristal / Natal de Cristal”. Este evento impulsado pola Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui reunirá no escenario a 80 músicos de 4 formacións Kasual Quartet, o Coro infantil Vocalis Contrasta, o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença, e Mistura Vocal.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.