Exposición Debuxando o Tui Xudeu
Do 3 ao 22 de novembro a Sala Municipal de Exposicións acolle unha escolma dos debuxos realizados, no mes de setembro, no encontro realizado en Tui polos grupos de urban sketchers co lema “Debuxando o Tui xudeu”. Un total de 42 debuxos, realizados por algúns dos participantes neste evento, recollen diversos lugares do conxunto histórico tudense realizado in situ ao longo daquela xornada cunha multiplicidade de técnicas.
Pode visitarse de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.