Departamentos
-
Deportes
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
-
O Parque Natural Monte Aloia e o río Miño serán mañá xoves e o venres o escenario de dúas xornadas de convivencia moi especiais para o alumnado de 6º de Primaria de sete centros...
-
Mañá mércores 10 de xuño, ás 11 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Aloiada 2026, actividade organizada por sete dos colexios de Tui,...

























