Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Outono no Teatro

Data: 
4/10/2024
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

Venres, 4 de outubro

Teatro Paraíso con “Entrecajas”

Teatro Paraíso celebra os seus 45 anos nos escenarios cun espectáculo no que convidan a soñar e a xogar. Dous amigos viven nunhas caixas dende as que realizan ensoñadoras viaxes . Unha historia de amizade e imaxinación.

 

Venres, 11 de outubro

Butacazero con “Iribarne”

Iribarne, nado na vila de Rouco Varela, emigra a Cuba e regresa a Galicia para marchar a Madrid, onde mesmo ocupou un Ministerio. Aspiraba a suceder a outro galego, pero tivo que se conformar con ser Vicerrey na súa terra galega.

Venres, 18 de outubro

Catro Cousas con “A trompa non só é cousa de elefantes”

Espectáculo musical e teatral para xogar coas melodías e as cores. As instrumentistas deberán atopar as partes dunha trompa e reconstruíla para ofrecer un concerto que estimula a vista e o oído.

 

Xoves, 31 de outubro

 

CDG con “Tercer acto”

O teatro coma punto de encontro e de reflexión  a través de cinco actores e actrices nados en plena ditadura. Conversan sobre o paso do tempo, sobre a súa historia e sobre como a Historia marcou as súas vidas.

 

Venres, 8 de novembro

 

Elefante Elegante con “Kyoki”

Unha homenaxe ás persoas maiores que transitan e conviven co paso dos anos, coa perda de memoria ou a demencia a través dunha linguaxe xestual en continua interacción co espazo escénico.

 

Venres, 15 de novembro

 

Paula Pier con “Eu, fraude!”

Poesía e cancións para realizar unha viaxe emocional, positiva e esperanzadora. A obra achéganos a unha historia de amor propio convertida nunha festa.