Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bandos

E.g., 19/03/2024
E.g., 19/03/2024

Bando Reunión en Pazos de Reis Martes 5 de setembro 2023

1/09/2023

Bando Reunión en Pazos de Reis Martes 5 de setembro 2023

Bando Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama

26/07/2023

Bando Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama

Bando de Convivencia Cidadá

12/06/2023

Bando de Convivencia Cidadá

Bando Fogueiras de San Xoán 2023

25/05/2023

Bando Consulta Censo Electoral 28 de maio de 2023

10/04/2023

CONSULTA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS CONVOCADAS PARA O 28 DE MAIO DE 2023

D. Enrique Cabaleiro González, alcalde do Concello de Tui

FAI SABER:

O 19/05/2020 publicouse no Boletín Oficial do Estado número 80 o Real Decreto 207/2023, do 3 de abril, de convocatoria de eleccións locais para o 28 de maio de 2023.

Tendo en conta as instrucións para servicios de consulta municipais remitidas pola Delegación Provincial do INE de Pontevedra (Rexistro de entrada nº 2023- E-RC-3010 do 10/04/2023).

Tendo en conta que de conformidade co artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral: “Los ayuntamientos y consulados estarán obligados a mantener un servicio de consulta de las listas electorales vigentes de sus respectivos municipios y demarcaciones durante el plazo de ocho días, a partir del sexto día posterior a la convocatoria de elecciones. .../...”

Comunícase que dende o día 10 de abril e ata o 17 de abril, ambos os dous incluídos, os electores poderán consultar os seus datos de inscrición no censo electoral.

A consulta realizarase por medios informáticos, previa identificación do interesado. Teléfono de consulta Concello de Tui: 986603625 en horario de 9:00h a 14:00 h.

Así mesmo infórmase que durante o citado periodo publicarase na Sede Electrónica do Concello de Tui relación de Mesas e Locais electorais enviada polo Censo Electoral.

Bando Espectáculo Pirotécnico de San Telmo 2023

3/04/2023

BANDO

ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO FESTAS DE SAN TELMO 2023

O concello de Tui ven celebrando dende hai anos un espectáculo pirotécnico de fogos artificiais como colofón dos actos das festas patronais na honra a San Temo. Este espectáculo realizarase nunha zona dos xardíns de Rosendo Troncoso, e terá lugar o luns día 17 de abril de 2023 ás 23:30h cunha duración prevista de 15 min.

Debido a que esta festa de San Telmo está declarada como festa de interese turístico de Galicia, este espectáculo pirotécnico é contemplado todos os anos por multitude de persoas que se distribúen, principalmente, dende a praza do monumento ao Cabalo Salvaxe, ata as rúas Antero Rubín e Canónigo Valiño e ao longo do paseo Irmáns Álvarez Blázquez.

Neste senso, o concello de Tui como organizador do evento, pon en coñecemento da veciñanza e do público en xeral, en especial aos titulares de vivendas e elementos arquitectónicos con valor artístico, histórico e social, e residentes nos lugares indicados, que ao longo do citado día haberá restricións de tráfico no ámbito da zona de seguridade de tirada dos fogos, e avisa da presenza das dotacións de Policía Local, voluntarios da Agrupación local de Protección Civil con motobomba e de ambulancia para atender calquera incidencia que se poida producir.

Así mesmo, solicitamos ao público asistente ao espectáculo pirotécnico a máxima prudencia e atención ás indicacións de seguridade no transcurso do mesmo para evitar danos ás persoas e bens.

 

En Tui, na data que se sinala á marxe.

O Sr. Alcalde en funcións, Rafael Estévez Martínez

Bando reunión veciñanza Antero Rubín

29/06/2022

ASUNTO: PROXECTO HUMANIZACIÓN EN RÚA ANTERO RUBÍN

D. ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE TUI,

FAI SABER:
Que ante a próxima execución das obras contidas no proxecto de HUMANIZACIÓN EN RÚA ANTERO RUBÍN, por medio da presente e co fin de informar ós veciños da citada rúa e afectados polas citadas obras, se lles convoca a unha reunión o vindeiro día 4 DE XULLO DE 2022, ás 20,30 HORAS nas instalacións da UNED (rúa Antero Rubín nº 3).

Bando Fogueiras de San Xoán 2022

26/05/2022

BANDO
ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE TUI,

FAI SABER QUE:

Con motivo da celebración da festividade de San Xoán, e por medio do presente Bando, este Concello lembra á veciñanza as normas para a realización das tradicionais cacharelas de San Xoán.
As normas e condicións de seguridade para a realización das cacharelas son as seguintes:

1) Presentación no rexistro xeral do Concello, antes do próximo día 15/06/2022 ás 13,30 horas, ou na súa sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal, especificando os seguintes datos:Nome e apelidos e DNI do solicitante.Enderezo.Compromiso de dispor no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na solicitude do seu número.Copia do D.N.I. dos responsables.Plano de situación con indicación e lugar.Memoria descritiva onde se definan as actuacións a desenvolverse así como o aforo máximo previsto.

2) Deberán situarse en zonas idóneas para estes fins. Non poderán realizarse en terreos que teñan natureza forestal, ou que estean preto deles ou de vexetación susceptible de propagar o lume (Art. 36 da Lei 3/2007, de 9 de abril), nin baixo o arboredo de parques e xardíns.

3) Presentación de póliza de seguro de responsabilidade civil nos termos da normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (Disposición transitoria terceira da lei 10/2017 de 27 de decembro).

4) A distancia das fogueiras ás casas, árbores e demais obxectos será de 20 metros como mínimo. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. Non deberán situarse coches ou outros vehículos de tracción mecánica a menos da distancia mínima sinalada, nin por suposto, depósitos de combustible ou almacéns de substancias especialmente inflamables. Porase especial coidado de non situalas preto dunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e ter conta de que nos arredores non haxan produtos inflamables.

5) No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados, asfaltados ou pintadas, os/as organizadores/as encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm. en toda a superficie da fogueira.

6) Teranse a man mangueiras, extintores ou cando menos, auga con capacidade para uns 20 caldeiros, e os correspondentes caldeiros.

7) Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites ou calquera outra substancia que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros. Tamén prohíbese facer fogueiras nas praias e preto de elementos que constitúen o patrimonio histórico, aos efectos de evitar calquera tipo de dano.

8) O fogo deberá ser pequeno nun primeiro momento botarase a leña progresivamente e nunca superarán unha dimensión tal que impida sufocalos coa suficiente rapidez cós medios precisados no apartado sétimo.

9) Disporase dunha pequena caixa de primeiros auxilios especialmente equipada para queimaduras.

10) Deberá de terse a debida precaución de non situarse no lado oposto ao vento.

11) As fogueiras quedarán completamente enterradas ou apagadas unha vez rematadas as celebracións.

12) A hora límite para rematar a celebración é as 04:00 horas da madrugada, de acordo co horario establecido no Decreto da Xunta de Galicia, para a celebración de festas e romaría populares. Haberán de cumprirse as normativas sectoriais de ruído, lumes, horarios, etc.

13) A organización terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar a Policía Local ou outras Forzas ou Corpos de Seguridade, Protección civil ou Bombeiros.

14) Ó remate da fogueira, e antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidaran que as cinzas queden totalmente apagadas, e procederán á limpeza inmediata do espazo autorizado.

15) Queda prohibida a tirada de fogos de artificio sen a preceptiva autorización.

16) En todos os casos, os/as solicitantes serán responsables directos dos danos que puideran ocasionar a terceiros.

17) De existir algún contratempo darase inmediata conta aos Servizos de Urxencias (Protección Civil de Tui 619 455 936 e a Policía Local, telf.: 986 603677

18) En caso de ter problemas deben chamar ao 085 (Bombeiros) ou 112 (Emerxencias) (chamada gratuíta).

Mándao e asínao o Sr. Alcalde, en Tui.
Documento asinado dixitalmente á marxe

Bando Reunión Malvas domingo 6 de marzo de 2022

2/03/2022

O río Furnia é a xoia dos ríos galegos, a súa auga pura e cristalina, libre de contaminación, así o certifica. Baña as ribeiras das parroquias de Malvas e Pexegueiro do noso municipio e está ao alcance da man no Baixo Miño.

Por esta razón, este equipo de Goberno está realizando o traballo previo para redactar un proxecto que permita executar unha senda que transcorra pola ribeira do Furnia ao seu paso por Malvas e Pexegueiro, poñendo así en valor esa zona e toda a súa riqueza patrimonial.

Para isto, convocamos a unha reunión á veciñanza de Malvas que sexa propietaria dalgunha parcela lindante coa marxe esquerda do Río Furnia no tramo correspondente ao seu paso por Malvas, co fin de falar sobre o asunto e sobre as afeccións das parcelas.

Data: 6 de marzo 2022

Hora: 10:00 h

Lugar: Antiga escola de Malvas

Debido á importancia desta reunión para o futuro das parroquias de Malvas e Pexegueiro e en especial para os titulares das parcelas lindeiras coa marxe esquerda do Río Furnia, esperamos contar coa súa presenza.

Na reunión adoptaranse todas as medidas de prevención e contención da Covid-19 (uso de máscara en todo momento).

Bandos Reunións informativas nas parroquias

8/11/2021

O equipo de goberno de Tui vai manter reunións nas distintas parroquias entre o 8 e o 23 de novembro co obxectivo de coñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas. As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.

  • Luns 8 de novembro ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns
  • Martes 9 de novembro ás 20 h no Local do Sindicato de Malvas
  • Mércores, 10 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
  • Xoves, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Baldráns
  • Venres, 12 de novembro, ás 20.15 h na Casa Cultural de Areas
  • Luns, 15 de novembro, ás 20.30 h na Casa Cultural de Guillarei
  • Martes, 16 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Paramos
  • Mércores, 17 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Ribadelouro
  • Venres, 19 de novembro, ás 20 h , na Macoca en Pazos de Reis -. APRAZADA
  • Luns, 22 de novembro, ás 20 h , na Casa Cultural de Pexegueiro
  • Martes, 23 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Caldelas
  • Mércores, 24 de novembro, ás 20 h , na Macoca en Pazos de Reis

Bando suspensión mercado dos xoves - 27012021

27/01/2021

Bando suspensión mercado dos xoves - 27012021

Bando Todos os Santos 2020

26/10/2020

Con motivo da proximidade da celebración da festividade de Tódolos Santos na que se suele producir unha asistencia masiva de persoas ó Cemiterio Municipal durante o día 1 de novembro e días previos, e ante o risco de aglomeracións e contacto estreito de asistentes, que inciden na posibilidade de contaxios derivados da pandemia actual da COVID-19, é preciso establecer diversas medidas e recomendacións a fin de garantir a seguridade das persoas, a prevención e a contención de dita enfermidade e así cumprir coa normativa sanitaria actual.

A tal efecto se informa ás veciñas e veciños e visitantes en xeral, a adopción das seguintes medidas de protocolo a ter en conta:

  • Quedan suspendido o oficio relixioso que se realizaba no cemiterio municipal o día 1 de novembro.
  • O Concello de Tui recomenda ás persoas de risco que eviten acudir ó cemiterio os días e horas nos que sexa previsible que haxa mais afluencia de persoas, recalcando que aquelas persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19 non poderán ir ó cemiterio.
  • Recoméndase que as visitas se fagan entre os días 28 de outubro ó 2 de novembro e non se concentren, a ser posible, no día 1 de novembro e que as mesmas se fagan de forma escalonada ao longo de todo o día.
  • No interior do cemiterio terase que respectar en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros e evitar o contacto persoal.
  • O aforo establecido, de conformidade coa normativa actual, é de 100 persoas e os grupos terán que ser, como máximo de 4 persoas do mesmo grupo familiar e que vivan xuntas, sendo obrigatorio en todo momento o uso da máscara.
  • Estableceranse sistemas de control e vixilancia por parte da policía local e outro persoal municipal así como o valado e sinalización para facilitar os accesos e evitar as aglomeracións o día 1 de novembro.
  • Haberá xeles hidroalcohólicos á entrada do cemiterio, sendo obrigatorio o seu uso.
  • Para evitar o uso compartido de obxectos comúns entre as persoas usuarios do cemiterio, non estarán dispoñibles este tipo de obxectos, tales como escaleiras, caldeiros, regadeiras, etc. En caso de ser necesario cada persoa deberá levar os seus.
  • A duración das visitas deberá ser o máis breve posible e en ningún caso, deberá ser superior a 30 minutos.
  • Apélase a responsabilidade de tódolos asistentes ó cemiterio nestes días para que sexan conscientes da necesidade de cumprir estritamente todas as medidas sanitarias precisas para evitar aglomeracións e previr deste xeito os contaxios e propagación da COVID-19

Páxinas