Paula Pier con “Eu, fraude”
Paula Pier será a encargada de pechar a programación de outono no Teatro Municipal de Tui o venres, 15 de novembro, ás 21 h con “Eu, fraude”.
Eu, Fraude! é un espectáculo que celebra a forza de aferrarse á vida e gritar ao mundo coa nosa verdadeira voz. A través da recitación, a danza, o relato e o canto a obra rende unha unha homenaxe á vida, cun repertorio de cancións e textos de creación propia que son a guía dunha viaxe emocional.
É unha celebración do amor propio... en forma de festa!
Paula Pier, tras colaborar en proxectos teatrais con outras compañías galegas e realizar estudos en arte dramática e un máster en teatro musical, estrea o seu primeiro espectáculo de creación propia. Coa súa experiencia en música e teatro, combina poesía, canción e escena para desenvolver a súa linguaxe artística única.
Ficha artística:
- Autoría e dirección: Paula Pier
- Elenco e música: Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez e María Velasco
- Escenografía: Visualiza e Paula Pier
- Iluminación: Laura Iturralde e As Dúas e Punto
- Son: Lara Álvarez
- Vestiario: Paloma Saavedra
Duración_ 80 minutos
Xénero_ teatro, música e poesía
Idioma_ galego / castelán
Recomendado_ + de 12 anos
Prezos_8€ e 6€