Galería
Apertura programa de actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui
Os actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui comezaron o 30 de novembro de 2025 coa Solemne apertura do Ano Xubilar na Catedral de Tui. Ás 12:00 h celebrouse a misa de apertura, seguida ás 13:15 h da interpretación da obra Os fogos de San Telmo do compositor Hermelindo Ruiz Mestre, nun diálogo musical entre Tui e Porto Rico interpretado por unha formación liderada pola violinista Sara Areal e o guitarrista Samuel Diz baixo a dirección de Roselyn Pabón.
Concerto Catedral Atlántica
Na tarde do sábado 30 de novembro a Catedral acolleu o Concerto “Centenario” de apertura. O recital, encabezado polos músicos tudenses Sara Areal e Samuel Diz, foi concibido como un encontro internacional que reuniu intérpretes e compositores de Europa e América, poñendo en valor o talento local e a identidade transfronteiriza da cidade.
Conferencia Ramón Navarro
O Espazo Sociocultural acolleu o 1 d decembro a conferencia de Ramón Navarro, doutor en Liturxia e Director do Secretariado da Comisión Episcopal de Liturxia na Conferencia Episcopal Española baixo o título "O rito da dedicación e a súa riqueza eclesiolóxica, a propósito do 800 aniversario da dedicación da catedral deTui"
I Xornada Imaxe + Letra no Espazo Sociocultural rúa Camilo José Cela
A I Xornada de Imaxe + Letra celebrouse o martes 2 de decembro baixo a organización do cineclub Tui. Puido realizarse unha visita á Catedral mediante realidade inmersiva co título “O Galiverso empeza aquí”. Proxectouse a película “El nombre de la rosa” á que seguiu unha charla coloquio con Miguel A. Cajigal @elbarroquista.
Presentación do libro "Tui 1225" de Pablo Álvarez Yáñez
Concerto Coro de Porto - Portugal: Ensemble Vocal Pro Música
Inauguración Belén da Catedral de Tui e da exposición Beléns do mundo
A Capela das Reliquias na Catedral acolleu do 22 de decembro de 2025 ao 6 de xaneiro de 2026 a exposición de Beléns do Mundo organizada pola Asociación Amigos da Catedral. Expuxéronse máis de 300 misteros con novidades coma os realizados en boliilos pola Asociación de Palilleiras do Baixo Miño, ou con pezas de Lego por Luís Arias.
Concerto de Nadal a cargo de María do Ceo
A cantante María do Ceo volveu a Tui para ofrecer un concerto de Nadal na Catedral onde interpretou temas tradicionais xunto con panxoliñas.
Entrega premios concurso de debuxo escolar tarxeta de Nadal – 800 anos da catedral de Tui
Conferencia Marta Cendón Fernández
A catedrática de historia da arte da USC e presidenta do Instituto de Estudos Tudenses Marta Cendón ofreceu a conferencia "A catedral de Tui a 30 de novembro de 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer?"
Presentación de Tui, Catedral de Historias en FITUR
O mércores, 21 de xaneiro de 2026, ás 14 h presentouse no estand de Galicia en FITUR "Tui, Catedral de Historias" dentro do programa conmemorativo do VIII Centenario da Catedral de Tui. Participaron no acto o alcalde, Enrique Cabeliro, o director de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez.




