Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

CDG con “Terceiro acto”

Data: 
31/10/2024
Lugar: 
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez

O Centro Dramático Galego, CDG, presentará en Tui o seu último espectáculo “Terceiro acto”. A cita será o xoves, 31 de outubro, ás 21 h no Teatro Municipal.

Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese en segredo, baixo o manto da noite, para embarcarse nunha derradeira e posible última aventura conxunta. Nesta noite única, revivirán o pasado que xa non poden recuperar, tentando comprendelo, modificándoo ou reconciliándose co que xa non está. Ao mesmo tempo, reflexionarán sobre o terceiro acto das súas vidas, ese intre no que o presente e o futuro se entrelazan de forma inescapable. Xuntos, cuestionarán o seu legado e mirarano desde a incerteza do porvir, abordando temas tan profundos como a vellez, a morte, e os seus anhelos e desexos para este novo capítulo vital.

Terceiro acto é unha obra que combina humor, melancolía e beleza. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo emocional e, ao mesmo tempo, unha celebración vibrante da vida e do teatro.

Fundado en 1984, o Centro Dramático Galego é a entidade da Xunta de Galicia encargada da produción e difusión de espectáculos teatrais. Descubre a nosa traxectoria, os nosos obxectivos e as actividades que desenvolvemos.

Ficha artística

  • Elenco: Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha “Tatán”
  • Texto: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco
  • Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez
  • Escenografía: Marta Pazos
  • Vestiario: Yaiza Pinillos
  • Iluminación: Miguel Ruz
  • Espazo sonoro: Hugo Torres
  • Coreografía: Amaya Galeote
  • Máscaras: Beatriz Nieto
  • Fotografías e vídeos: Miramemira
  • Deseño gráfico: Trisquelia

 

  • Duración_ 90 minutos
  • Xénero_ comedia drama
  • Idioma_ galego
  • Recomendado_ + 16 anos
  • Prezos_10€ e 7,5€

Entradas