Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno local, tras as eleccións municipais do 28 de maio de 2023 está formada por Enrique Cabaleiro González (presidente), Ana Núñez Álvarez, Rafael Estévez Martínez, Miguel Méndez Moreira, María Sonsoles Vicente Solla, e Ismael Diz Garrido.
As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local terán lugar os venres, cada quince días, ás 9.00 h Salón de Concelleiros da casa do concello.
Corresponden á Xunta de Goberno Local, ademais da asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas funcións, as seguintes competencias que se delegan:
1º.- O outorgamento de todas as licencias urbanísticas que deban concederse con carácter previo, de acordo co previsto na Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, así como dictar as resolucións que procedan nos procedementos de actuacións urbanísticas suxeitas ao réxime de declaración responsable ou comunicación previa.
2º.- A aprobación dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
3º.- As competencias que en materia de contratación veñen atribuídas ao Alcalde na Disposición adicional segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, a excepción dos contratos menores.
4º.- O recoñecemento das obrigas económicas derivadas da prestación de bens e servizos que foran recibidas no servizo de Intervención.
5º.- Resolver os recursos de reposición que se interpoñan contra os acordos adoptados en exercicio das atribucións delegadas.