Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Biblioteca Pública Municipal de Tui

Enderezo: Colón 2 – 1º Andar da Área Panorámica Francisco Sánchez - Porta 5

Teléfono:  617 49 81 03

Correo: biblioteca@tui.gal

Web da Biblioteca Municipal de Tui  Dende a mesma pódese acceder ao catálogo da Biblioteca.

Acceso ao Catálogo da Biblioteca Municipal de Tui

Redes sociais da Biblioteca Municipal de Tui: Facebook | Twitter | Instagram

Horario 

  • De luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h 
  • Sábados de 9 a 13 h

     

A Biblioteca Pública Municipal de Tui está situada no primeiro andar do edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica – entrada porta 5 -).  Conta con wifi propia para a que é preciso darse de alta coma usuario.

Instalacións

A Biblioteca Pública Municipal de Tui está situada no primeiro andar do edificio da Área Panorámica ocupando un espazo de 440 metros cadrados.  En 2003 este servizo foi traslado dende os baixos da casa do concello cara este emprazamento.

A biblioteca tudense conta cunha sala de lectura/estudo con capacidade para 60 persoas.  Amais ten unha sala de lectura infantil con mobiliario axeitado para os cativos e libros distribuídos en función da idade dos usuarios.

Na zona de hemeroteca, con mesas e luz axeitada para a lectura, está a dispor dos usuarios os xornais galegos Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e El País, de tirada nacional, así coma outras publicacións e revistas.

Noutra zona están accesibles 6 ordenadores con conexión a internet. Para acceder a este servicio é necesario dar de alta un usuario na páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia. Con esa conta e contrasinal, cada usuario dispón de hora e media de Internet totalmente gratuíta cada día. Os menores de idade precisan autorización paterna para acceder a este servicio.

Tamén dispón dunha sección de cómic xuvenil e para adultos, o fondo local e planeiros para a custodia de fondos cartográficos e de carteis sobre temática local que conserva a Biblioteca tudense.

Fondo bibliográfico

O fondo bibliográfico está formado por por 32.582 exemplares (a 31.12.2022) exemplares de novela, teatro, poesía, biografías, literatura xuvenil, cómic, libros infantís, así coma de variada temática coma historia, arte, relixión, política, natureza... Esta colección amplíase ao longo do ano coa incorporación de novidades editoriais. Estes máis de 32.000 exemplares supón unha cifra en torno ao 1,8 volumes por habitante do concello, que está moi próximo ás recomendación da IFLA para localidades coa nosa poboación que determinan 2 volumes/habitante.

A biblioteca conta cunha ampla bibliografía e documentación sobre Tui na que se pode atopar tanto os libros escritos por tudenses, coma outras obras que fan referencia á cidade, material audiovisual.....

Socio da biblioteca 

O acceso á Biblioteca é libre e gratuíto para calquera persoa, unicamente cómpre ser “socio” ou “usuario” de calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia para acceder ao servizo de préstamo a domicilio ou ao servizo de “Galicia le”, a plataforma de préstamos de libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para facerse socio só é preciso acudir presencialmente á Biblioteca co DNI, os menores de idades deben acodir acompañados do seu pai/nai ou titor legal.

Na actualidade a Biblioteca Municipal tudense conta 4.226 usuarios,

Un importante número de persoas pasan ao longo do ano pola biblioteca tudense ben a estudar, empregando o servizo de empréstito, lendo as publicacións que están a dispor ou empregando os ordenadores.

Actividades

Ao longo do ano a Biblioteca tudense realiza diversas actividades de animación á lectura dirixida tanto a público infantil coma a público adulto coma contacontos, representacións,... Amais doutros actos co gallo do Día das Letras Galegas, o Día do Libro Infantil, o Día do Libro, Día da Biblioteca.... Tamén anualmente, en colaboración coas bibliotecas escolares, desenvólvese a a iniciativa “Tui le”.

Áreas: 
Cultura
Ensino