Obradoiro Preservación e Conservación de Documentos en Papel
O xoves, 6 de xuño, ás 10 h impartirase no Arquivo Municipal de Tui o Obradoiro de preservación e conservación de documentos en papel para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Arquivos no ámbito do Eurocidade Tui – Valença. Está organizada conxuntamente polos arquivos municipais de Tui e Valença.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.