O pregón de Carlos Pérez-Fonterosa Antón abre o sábado as Festas de San Telmo 2019
As festas de San Telmo 2019 comezan oficialmente este sábado, 20 de abril, ás 19 h no Teatro Municipal coa lectura do pregón a cargo de Carlos Pérez-Fonterosa Antón, recoñecido comerciante e filatelista de 89 anos , posuidor dunha valiosa colección filatélica sobre o Camiño de Santiago, coa que gañou varios certames e que mesmo amosou na China. Foi fundador do Grupo Filatélico e Numismático tudense, tenente de alcalde do Concello de Tui durante o mandato do alcalde Casal Aboy, e tesoureiro da Cámara de Comercio de Tui, entre outros cargos.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.