A Casa do Concello ilumínase de azul co gallo do Día Mundial da Diabetes
A casa do Concello de Tui iluminarase de azul na noite do mércores 13 ao xoves 14 de novembro para conmemorar o Día Mundial da Diabetes.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
A casa do Concello de Tui iluminarase de azul na noite do mércores 13 ao xoves 14 de novembro para conmemorar o Día Mundial da Diabetes.
Mañá mércores, 13 de novembro, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos” que se van celebrar en Tui dende este xoves até o sábado.
O próximo luns, 11 de novembro, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do Concello de Tui terá lugar a presentación do III Congreso Internacional Camiño Portugués de Santiago: un patrimonio cultural para a nova Europa que se vai celebrar do 14 ao 16 de novembro en Tui e Valença. Está organizado polo Grupo Compostela de Universidades.
O Conservatorio Profesional de Música de Tui e Escola de Música está situado na Avenida da Concordia. O seu horario de oficina é luns de 9.30h a 13.30h e de luns a venres de 16h a 20h. As clases impártense en horario de luns a venres de 16 a 22 h.
Os responsables de dous clubs deportivos tudenses, Pablo García do Club de Tenis Tui e Juan Carlos Feijoo e Miguel de la Calle do Club de Padel8, entregaron esta mañá á Biblioteca Municipal de Tui un amplo lotes de pelotas usadas que serán reutilizadas polo centro bibliotecario para contribuír substancialmente ao mantemento do ambiente de silencio, tan característico na biblioteca, ao evitar o ruído xerado polo arrastres das cadeiras que, de modo involuntario, realizan os usuarios cando acceden ou abandonan o seu posto de lectura.
O Concello de Tui acolle este domingo o evento que pecha o programa “Música e viño no teu camiño” promovido por Eu Rural e financiado por O teu xacobeo. A presentación desta actividade tivo lugar este mediodía na casa do concello de Tui a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, e Ángel Sánchez, de Best Boy.
Mañá sábado, 26 de outubro, ás 17 h sairá do edificio “Francisco Sánchez” sede da Biblioteca tudense unha Ruta Literaria coa que se pecha o programa de actos desenvolvido ao longo do mes para conmemorar o Día da Biblioteca. A ruta estará dirixida pola escritora Marga do Val e polo responsable do centro bibliotecario tudense e historiador, Rafael Sánchez Bargiela.
O sábado, 26 de outubro, ás 17 h sairá do edificio “Francisco Sánchez” sede da Biblioteca Pública Muncipal de Tui unha Ruta Literaria coa que se pecha o programa de actos desenvolvido ao longo do mes para conmemorar o Día da Biblioteca. A ruta estará dirixida pola escritora Marga do Val e polo responsable do centro bibliotecario tudense e historiador, Rafael Sánchez Bargiela.
Impreso de solicitude acceso a documentación do arquivo municipal
Mañá venres, 25 de outubro, ás 12.45 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do derradeiro evento do proxecto Música e Viño no Teu Camiño promovido por Eu Rural que este domingo se vai celebrar en Tui.