Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Este xoves, 14 de maio, terá lugar a reapertura da Biblioteca Pública Municipal de Tui na Área Panorámica. Será só para o servizo de préstamo e lectura en sala das obras previamente solicitadas. O seu horario será de luns a venres de 9 a 13 h.
Os usuarios que se acheguen á Biblioteca deberán levar máscara e preferentemente luvas. No acceso haberá xel hidroalcólico ao seu dispor.
Arredor da celebración do “Día do Libro” as bibliotecas escolares de Tui xunto coa Biblioteca Municipal de Tui e de Valença celebran anualmente unha festa do libro e a lectura que reúne a máis de 1500 alumnos. Habitualmente celébrase na praza de San Fernando, pero este ano debido á pandemia do COVID19 e ao confinamento que debemos gardar artellouse a súa celebración on line.
Participan as bibliotecas escolares dos CEIP's nº1, nº2, Pazos de Reis e Rebordáns, do Colexio Maristas Santa María e do IES San Paio.
Estes son os seus vídeos:
Tui Le” cambia este ano de escenario e desenvólvese en internet e nas redes sociais. As bibliotecas escolares do concello de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tanto de Tui como de Valença tiñan previsto celebrar mañá venres, 24 de abril, a undécima edición de “Tui Le”, a festa anual que arredor do Día do Libro, na Praza de San Fernando reunindo a máis dun milleiro de rapaces para festexar o libro e a lectura.
. A Biblioteca Pública Municipal de Tui promove unha iniciativa para achegar os libros á cidadanía co gallo da celebración mañá xoves, 23 de abril, do Día do Libro, unha data para a que estaba programada a undécima edición de “Tui Le”, unha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que organizan anualmente as bibliotecas escolares dos colexios e institutos de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tudense (unha iniciativa á que este ano tiña previsto sumarse tamén a Biblioteca Municipal de Valença).
Tui preparase para vivir dende a casa a fin de semana das Festas de San Telmo. Dende o Concello programáronse unha serie de actividades para vivir este #SanTelmoNaCasa. As redes sociais municipais e a participación veciñal son nexo condutor das iniciativas propostas.
Nas festas miramos ao #SanTelmoNaMemoria, pero tamén queremos mirar cara ao futuro. Por iso hoxe propomos que compartades os vosos desexos para o #SanTelmoNoFuturo, propostas, ideas, actividades, ...
Podes deixar nas nosas redes sociais - Facebook, Twitter e Instagram, os teus desexos, propostas, ideas para as festas de San Telmo no futuro.
Unha ollada ao pasado pero tamén ao futuro son as primeiras propostas para a participación da veciñanza en #SanTelmoNaCasa. Trátase da celebración virtual das festas de San Telmo que na fin de semana comezou a través das redes sociais municipiais – Facebook, Twitter e Intagram – e que continuará até o próximo luns, 20 de abril, Luns de San Telmo.
As festas de San Telmo imos celebralas este ano na casa. Farémolo sen lugar a dúbidas dun xeito diferente, compartindo seguramente lembranzas, momentos doutros anos, imaxes que gardamos na retina... Convidámosche a compartir nas nosas redes sociais - Facebook, Twitter e Instagram - o teu #SanTelmoNaMemoria.
“Cor de Festa” de Juan Diego Ingelmo Benavente, de Burriana, Castellón, foi o cartel ganador do concurso convocado polo Concello de Tui para anunciar as Festas de San Telmo 2020. O xurado valorou a calidade ténica e conceptual da proposta gañadora, o seu carácter orixinal e innovador, así coma recoller no deseño os valores e significado das festas, reflectindo o carácter festivo.
As festas de San Telmo estaban previstas do 11 ao 20 deste mes de abril, pero debido ao Estado de Alarma pola crise do coronavirus foron suspendidas.