Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Esta fin de semana o público familiar ten unha dobre cita no Teatro Municipal de Tui con Don Quixote e a Carapuchiña Vermella

Undefined

“Don Quixote, unha comedia gastronómica” presenta unha montaxe única  cos espectadores no escenario e a “Carapuchiña Vermella” buscará unha experiencia inmersiva con música en directo

Dobre cita esta fin de semana no Teatro Municipal de Tui. O venres, ás 20h, Limiar Teatro Presenta “Don Quixote, unha comedia gastronómica” e o sábado, ás 19h, Educa Teatro achega “Carapuchiña Vermella”.

Tui repartirá 5.600 euros en premios no Concurso Desfile de Comparsas e Grupos de Entroido

Undefined

Os interesados deberán inscribirse o luns día 13 de febreiro de 9 a 14h no rexistro do Concello.

As comparsas e grupos que desexen participar no Desfile Concurso de Entroido, que o luns 27 de febreiro se celebrará en Tui, deberán inscribirse o próximo luns, 13 de febreiro, de 9 a 14h  no rexistro de entrada na casa do Concello.

Carlos Blanco e Luis Davila prometen encher o Teatro Municipal de Tui co seu “Menú da Noite”

Undefined

O polifacético Carlos Blanco e o humorista gráfico Luís Davila vístense de gala este venres no Teatro Municipal de Tui co seu novo espectáculo, “Menú da noite”.  Unha cita que prevé ser un éxito de público con máis de 250 entradas vendidas no despacho de billetes online en www.culturatui.info a falta de dous días para que soban ao escenario tudense.

Máis de 100 bailaríns participarán no “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”

Undefined

A cultura urbana chega a Tui nesta fin de semana por partida dobre. O pavillón municipal acollerá este domingo 29, a partires das 15:00 horas, o “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”.  Máis dun centenar de bailaríns participarán en diferentes coreografías e actuacións en grupo con integrantes dende os 4 anos en diante.

Ordenanza fiscal - Taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico

Taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico

Regulamento municipal de venda ambulante

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura