COVID19 - Información
O 14 de marzo decretouse en España o Estado de Alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (Publicado no BOE do 14 de marzo de 2020) por un periodo de quince naturais. O Estado de Alarma está prorrogado até o 10 de maio (BOE nº 115 do sábado 15 de abril)
INFORMACIÓN SOBRE O CORONAVIRUS
- Xunta de Galicia
- Web https://coronavirus.sergas.gal/
- Teléfono de información 900 400 116
- Goberno
CASA DO CONCELLO
Durante o estado de alarma decretado para frear a pandemia do coronavirus na casa do concello
- A atención ao público na casa do concello limítase ao Rexistro de Entrada e aos Servizos Sociais en caso de extrema urxencia e previo contacto telefónico no 986 60 36 25 ext. 54
- Mantéñense os servizos mínimos nos distintos departamentos ao que se suma o teletraballo por parte do resto da plantilla municipal. Continua a tramitación dos distintos expedientes.
- A comunicación farase telefonicamente no 986 60 36 25, a través da sede electrónica ou da app
- Contactos
- Policía Local 986 60 36 77
- Protección Civil 629 70 64 36
- Radio Municipal 986 60 70 55 radiomunicipaldetui@tui.gal
- Servizos Sociais 986 60 36 ext 54 | 671 51 77 88 carmen.ssociais@tui.gal
- Contactos
INSTALACIÓNS CULTURAIS, DEPORTIVAS, FORMATIVAS E ACTIVIDADES DE LECER
- Durante o estado de alarma estarán pechadas todas as instalacións culturais, deportivas e de formación do municipio é o caso dos campos de fútbol, pavillóns deportivos, pistas deportivas, Teatro Municipal, Biblioteca Municipal, Centro Municipal de Formación, e parques infantís
- Do mesmo xeito foron suspendidas todas as actividades culturais, deportivas, de lecer e formativas
CIRCULACIÓN POLAS VÍAS PÚBLICAS
Só se permite a circulación polas vías públicas de xeito individual
- Para facer a compra
- Acudir só unha persoa. Evitar ir acompañado de nenos, persoas maiores ou persoas de risco
- Evitar acudir a primeira hora e facelo de xeito escalonado ao longo do día
- Ser solidario e non acaparar produtos
- Empregar luvas para coller os alimentos non perecedoiros que non estean envasados
- Gardar a distintacia social de seguridade
- Se é posible pagar con tarxeta
- Acudir á farmacia
- Acudir a servizos sanitarios
- A realización de actividades de asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables de acordo co disposto no artigo 7.1.e) do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
- As persoas con discapacidade, que teñan alteracións conductuais, como por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, que se vexan agravadas pola situación de confinamento, xunto cun acompañante, sempre e cando se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio. (BOE)
- Acudir ao posto de traballo e regreso ao domicilio
- Pasear o can
- Sempre nas inmediacións do domicilio
- Paseos curtos. O tempo mínimo imprescindible
- Priorizar horarios de menor afluencia
- Recoller o excrementos
CENTRO DE SAÚDE
- Teléfono para solicitar cita 986 60 18 00 - Urxencias 986 60 19 36 | Teléfono do servizo de urxencias PAC 986 60 09 08
- As citas atenderanse preferentemente de xeito telefónico
- A entrada faise pola porta principal. Está pechado o acceso lateral.
CONTROL NA FRONTEIRA
- Dende ás 00 h do martes 17 de marzo reestablécense os controis na fronteira. O único punto de aberto na zona, cos respectivos controis, é a nova Ponte Internacional de Tui-Valença. Están pechadas tanto ao tráfico de peóns coma de vehículos a vella Ponte Internacional Tui-Valença, a ponte da Amizade Tomiño-Cerveira, e a ponte internacional Salvaterra-Monçao. Tamén deixou de prestar servizo o transbordador A Guarda-Caminha.
- So se permite o paso de
- Traballadores tranfronteirizos
- Persoas que acrediten documentalmente causas de forza maior ou situación de necesidade
- Transporte de mercadoría