Recursos sobre o Patrimonio Cultural Tudense
Tui conta cun importante patrimonio cultural, sendo este unha das súas principais sinais de identidade, así coma un dos seus destacados recursos turísticos.
Nestes días de confinamento o Concello de Tui publica unha compilación de recursos accesibles en liña para visitar este patrimonio e afondar no seu coñecemento.
Un destes recursos é o propio apartado dedicado ao turismo na web municipal www.tui.gal, onde podemos atopar información sobre o recursos patrimoniais culturais da cidade coa súa historia, imaxes e vídeos. Están tamén accesibles na APP Municipal Concello de Tui.
Asía na Galería atopamos albumes de fotografías da Catedral de Santa María, o Conxunto Histórico, Camiño Portugués, ou Tui dende o Ceo.
Na canle de Vimeo do Concello de Tui podemos visionar distintos vídeos coma “Tui, cidade histórica, natural, monumental…”, “Tui, Porta do Camiño”, ou “Ruta Xudía”, entre outros.
Dende a Concellería de Patrimonio compílanse estes recursos on-line para mellorar o coñecemento dos recursos patrimoniais do noso municipio dende o convencemento de que este coñecemento implicará unha mellor valoración e conservación do mesmo.
Paralelamente a difusión destes recursos quere tamén levar unha mensaxe de cara ao futuro. Ao remate deste período de confinamento Tui estará agardando a todos os visitantes e turistas cunha acreditada oferta turística que, abofé, irá pouco a pouco recuperando normalidade á medida que se vaian levantando as medidas de confinamento.
Así máis aló dos recursos propios accesibles en liña, tamén se compilaron outros recursos accesibles de interese sobre o patrimonio cultural tudense.
Listaxe de recursos:
- Apartado de Turismo da Web Municipal www.tui.gal
- Turismo Rías Baixas
- Turismo de Galicia
- Camino de Santiago
- Patrimonio Galego
- Na web “patrimoniogalego.net” podemos coñecer os recursos patrimoniais tudenses e colaborar coa mesma incorporando novos elementos do noso patrimonio cultural aínda non reseñados.
- Panorámicas interactivas da catedral de Tui
- Reportaxe sobre Tui do programa “Desde Galicia para el Mundo” de agosto de 2012
- Imaxes panorámicas de Tui recollidas en Panoleku tomadas en 2010
- Paseo Virtual polo entorno da Catedral de Tui realizado por Faro de Vigo
- Conferencia “Patrimonios, paisaxes e identidades na restauración das cidades fronteirizas” de Iago Seara, coordinador do Plan Director da Catedral de Tui
- Francisco Sánchez
- A Fundación Ignacio Larramendi ten na súa biblioteca virtual de polígrafos españois un apartado dedicado a Francisco Sánchez, filósofo e médico nado en Tui en 1550. Foi o autor de “Quod nihil scitur”, obra de referencia no ámbito da filosofía. É un dos tudenses máis destacados da historia.
- Fotografías Antigas de Tui, páxina en Facebook
- Tudensia, blog sobre a historia de Tui