Marisa Irimia co contacontos “A pirata Escarlata” actúa este xoves en Tui co gallo do “Día da Biblioteca”
Este xoves, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca. Dentro do programa de actividades para conmemorar esta data a Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle precisamente este xoves ás 18 h a Marisa Irimia co contacontos “A pirata Escarlata”. Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Achéganos á historia de rapazas que capitanean perigosos barcos piratas, rapaces que pilotan naves espaciais, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.