Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recursos para a lectura on-line

9/04/2020

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizouse unha compilación de recursos en liña sobre libros e lectura.

Galicia Le

Por unha parte a Biblioteca Pública Municipal de Tui forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galiai que conta ao plataforma de préstamos de obras - libros, revistas, audiolibros e películas - en formato electrónico Galicia Le. O obxectivo da plataforma é facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas ficción, informática, historia, ocio …

GaliciaLe conta cun “Catálogo galego” e outro “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nos mesmos poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facers, ademais, desde un lector de libro electrónico.

O acceso pódese facer co carné de socio da Biblioteca de Tui ou de calquera outra biblioteca que pertenza á rede ou rexistrándose directamente en Galicia Le.

Concurso “Un poema na túa voz”

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GALIX, promove o concurso “Un poema na túa voz” dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e as súas familias. Para participar hai que elixir un poema tradicional ou de autor, gravalo co móbil ou no ordenador e envialo a galix@galix.org. As bases completas están na web de GALIX.

Iniciativas para acceder á literatura infantil e xuvenil

  • O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no Salón Virtual

Este conto de "O pequeno morcego" por Paula Carballeira é un dos que están dispoñibles. 

  • O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.

Un deses contos é "Ra da boca grande" que contá Andrea Bayer.

  • A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros

  • En páxinas como a de Os Bolechas, por exemplo, podemos atopar contido para ocupar o tempo de lecer para as crianzas.

  • Na web do Xabarín en CRTVG están dispoñibles vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego. Tamén os divertidos Karaokes do Xabarín, para cantar en familia na canle YouTube do Xabarín.  

  • Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.

  • Na páxina da Real Academia Galega Primavera das Letras  ofertan contidos para o público infantil sobre Carballo Calero a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Pódense atopar máis recursos na web de Galix.