Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe celébrase o Día Mundial do Autismo

2/04/2020

Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Mundial do Autismo

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 18 de decembro 2017 o 2 de abril coma Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo para mellorar a calidade de vida das persoas - poboación infantil e adulta - con transtorno do especto autista, TEA.

Neste 2020 o lema á "Podo aprender, podo traballar". Deste xeito pon o foco na educación e no emprego. A imaxe da campaña son varias mans sostendo ferramentas e utensilios que representan habilidades e capacidades de cada persoa. 

Son varias as iniciativas que se levan a cabo nesta xornada, para aumentar a concienciación social sobre o autismo, e promover unha mellor comprensión do transtorno para incluír e apoiar as persoas con TEA. Amais coma mostra de solidariedade coas persoas con TEA e da súas familias na actual situación  de confinanmento que estamos a vivir derivada do COVID 19.

Así  está a elaboración dun muíño de papel de cor azul e colocalo no balcón ou fiestra . Tamén se pode colocar unha tea de cor azul.

Amais ás 21 h ten lugar a iniciativa mundial Light It Up Blue, LIUB, que consiste en iluminar as ventás, balcóns, edificios de cor azul. Pode facerse cunha lanterna, o móbil ou outra fonte de luz. Convidan a facer unha fotografía e compartila nas redes sociais co hashtag #LIB #DiaMundialAutismo