Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Comeza en Tui unha nova temporada do programa Cine nas Aulas

Undefined

Mañá comeza unha nova temporada do programa Cine nas Aulas, na que participará un total de 166 alumnos e alumnas e 8 profesores e profesoras de 5º e 6º de Primaria. Os centros convidados nesta primeira proxección son o CEIP de Pazos de Reis, o CEIP Nº2 e o Colexio Maristas Santa María.

Con esta película traballarase cos mozos e mozas sobre a comprensión e análise do propio filme, sobre os medos racionais e irracionais, as emocións, o autocoñecemento e sobre unha alimentación saudable.

O programa Cultiva a Mente impartirase tamén en Pexegueiro

Undefined

Pexegueiro contará tamén co programa Cultiva a Mente, que este novo curso chegará a nove parroquias tudenses.  As persoas interesadas neste novo grupo de actividade poden realizar xa a súa inscrición descargando da web municipal a ficha de solicitude e presentándoa por sede electrónica en https://concellotui.sedelectronica.gal/ ou directamente nos Servizos Sociais na casa do concello. Pódese ampliar esta información no 986 60 36 25 ext. 25 ou no 607 194 175.

Comeza en Tui o taller de reforzo escolar do Servizo Municipal de Atención de Menores

Galego

Esta semana deu comezo un taller de reforzo escolar destinado a menores de familias en situación de  vulnerabilidade. Enmárcase dentro do programa SAMM, o Servizo de Atención Municipal a Menores de Tui. Púxose en marcha xa en cursos pasados logo de que Servizos Sociais detectasen unha necesidade crecente neste ámbito de actuación.

Amais da actuación deste departamento municipal, detectando cada caso que precisa de atención, os propios centros tamén fan derivacións de aquel alumnado con certas dificultades educativas e académicas e en situacións de vulnerabilidade.

Aberta a inscrición para a nova temporada do programa Cultiva a Mente

Undefined

O próximo mes de outubro comezará unha nova temporada do programa Cultiva a Mente posto en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de AFAGA. Este ano esta actividade celebrarase en oito parroquias tudenses ao incorporarse Malvas e continuar en Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, e Ribadelouro.

Cultiva a Mente busca promover un envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos  a través de diversas actividades, ao tempo que fomenta a sociabilidade ao ser unha actividade grupal.

Tui súmase ao Día Mundial do Alzhéimer cunha charla e unha mesa informativa

Galego

O Concello de Tui únese á conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer que terá lugar mañá día 21, en colaboración con AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras demencias de Galicia.

En Tui mañá ás 18.30 h no edificio Francisco Sánchez haberá unha charla informativa titulada “Alzhéimer e outras demencias, que son e factores de prevención”. Será impartida por Beatriz Rodríguez Álvarez, psicóloga xeral de AFAGA. Previamente, dende ás 17 h, no mesmo edificio Francisco Sánchez, haberá unha mesa informativa. 

Clausurada a temporada do programa Cultiva a Mente realizado en sete parroquias tudenses cun centenar de participantes

Undefined

Esta mañá tivo lugar na ribeira de Caldelas a clausura do programa Cultiva A Mente que se desenvolveu dende o pasado outono en sete parroquias tudenses: Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Ribadelouro. No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez.

As persoas participantes no curso “Coidándo-me” recibiron formación en autocoidado ao longo de tres meses

Undefined

A semana pasada rematou o curso “Coidándo-me” que dende o mes de marzo se impartiu no Centro Sociocomunitario de Tui, organizado polo Concello de Tui en colaboración con AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia.

Obradoiros para alumnado de 6º de Primaria co gallo do Día Mundial Sen Tabaco

Undefined

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui levou a cabo unha serie obradoiros dirixidos ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Rebordáns e do CEIP nº2 con motivo do Día Mundial Sen Tabaco que se celebra mañá, 31 de maio. 

Nestes obradoiros o alumnado recibiu información sobre os efectos nocivos do tabaco. Nos mesmos elaboraron cartas dirixidas a fumadores, tanto para animalos a deixar o tabaco, coma agradecerlles o esforzo a aqueles que foron capaces de deixar este hábito.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais