Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

O Concello de Tui e o Club Atletismo Tui traballan xa na organización da IV San Silvestre Solidaria Tudense

Undefined

A organización da IV San Silvestre Solidaria Tudense reuniuse esta mañá para planificar a proba deportiva que se celebrará o mércores 31 de decembro, a partir das 10.30 horas. Agardan superar a cifra de participantes da edición pasada, na que máis de 1.900 persoas celebraron o fin de ano de xeito deportivo, festivo e solidario, sendo as doazóns a favor da Asociación Española Contra o Cancro.

Tui pon en marcha unha nova edición do taller de reforzo escolar

Undefined

Esta semana comezou unha nova temporada do taller de reforzo escolar destinado a nenos, nenas e adolescentes e as súas familias. Esta iniciativa púxose en marcha xa en cursos pasados, tras detectar dende o departamento de Servizos Sociais a necesidade crecente neste ámbito de actuación. Este taller de reforzo enmárcase no SAMM, o Servizo de Atención Municipal a Menores de Tui.

Anuncio de consulta pública da Ordenanza Reguladora dos Criterios de Adxudicación, Normas de Funcionamento e Utilización das Vivendas Sociais Municipais do Concello de Tui.

Trámite de consulta pública da ORDENANZA REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS SOCIAIS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TUI.

Catro nenos saharauís gozarán do verán en Tui grazas ao programa Vacacións en paz

Undefined

Yiusef, Ahmed, Yusef e Yahida son os nenos saharauís que pasarán o verán con familias acolledoras de Tui grazas ao programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Esta mañá foron recibidos, xunto ás súas familias, na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira, Ana Mª Núñez, e os concelleiros Rafael Estévez e Ismael Diz, tras chegar esta semana a Galicia.

A ribeira de Caldelas acolleu a clausura da temporada dos programas Cultiva a Mente e Coida o Corpo

Undefined

A ribeira de Caldelas acolleu esta semana a clausura da temporada dos programas Cultiva a Mente e Coida o Corpo postos en marcha polo Concello de Tui coa colaboración de AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Galicia. 

Foi unha xornada festiva e de convivencia entre as persoas que ao longo do ano acoden a estas actividades  de prevención en cada unha das parroquias tudenses.

Máis de 170 persoas participan na primeira edición do programa “Coida o Corpo”

Undefined

Gran acollida ao novidoso programa “Coida o corpo” posto en marcha polo Concello de Tui no pasado mes de marzo en todas as parroquias tudenses, tras a experiencia piloto desenvolvida en outono en Guillarei e Ribadelouro.

Dende o pasado mes de marzo 171 persoas participan neste programa “Coida o Corpo” realizado en colaboración con Afaga, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.  94 persoas máis están en lista de agarda, o que reflicte a boa acollida da iniciativa.

Programa Coida o corpo

O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo o programa “Coida o corpo” en todas as parroquias tudenses. A iniciativa desenvolverase en grupos, de 15 persoas, maiores de 55 anos.

O programa Coida o Corpo está deseñado para exercitar o corpo a través dunha metodoloxía activa e dinámica, traballaranse habilidades como a coordinación, forza, flexibilidade e resistencia.  

Alumnado de 4º de ESO asistiu a unha nova proxección do programa “O cine nas aulas”

Undefined

O cinema como ferramenta educativa e de traballo é a clave sobre a que hai anos o Concello de Tui leva a cabo o programa “O cine nas aulas”, que cada curso escolar chega ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos do municipio.

Esta mañá tivo lugar unha nova proxección no Teatro Municipal de Tui á que asistiu alumnado de 4º de ESO dos IES’s Indalecio Pérez Tizón e San Paio, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais