Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conmemora o Día Mundial da Sida

30/11/2022

Mañá xoves, 1 de decembro, conmemórase o Día Mundial da SIDA. Por este motivo, coma adoita facer anualmente, o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, leva a cabo unha campaña informativa e de concienciación sobre esta enfermidade. Por este motivo a fachada do Concello ilumínase de vermello.

O Servicio de Prevención  das Drogodependencias do Concello de Tui, continuando con esta campaña, prepara esta fin de semana, en colaboración cos pubs e discotecas de Tui, o reparto de preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre esta enfermidade.