Alumnado do IES San Paio asistiu hoxe á segunda proxección do programa “O cine nas aulas”
Un total de 105 alumnos e alumnas e profesores e profesoras de 4º de ESO do IES San Paio, asistiron esta mañá á proxección da segunda película do programa "O Cine nas Aulas", no Teatro Municipal de Tui.
A través do filme proxectado o alumnado traballará sobre os mitos do alcohol, reflexionará sobre os diferentes roles de mulleres e homes; e sobre a importancia que ten a procura da nosa propia identidade.