Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En xaneiro impartirase un novo curso de Deshabituación Tabáquica

12/12/2022

Realízase en colaboración coa AACC. A inscrición está aberta até o día 30 de decembro

O Concello de Tui, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza un ano máis, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, un curso de dehabituación tabáquica, dirixido a persoas maiores de 18 anos.

Esta actividade comezará o próximo mes de xaneiro, celebrándose os mércores de 17 a 18.30 h. Constará de 7 sesións de hora e media cada unha na que se brindará apoio técnico, consellos e acompañamento no proceso de deixar o tabaco.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse até o 30 de decembro no teléfono 986 60 36 25 ou no correo paula.ssociais@tui.gal.