Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

O luns preséntase a 2ª San Silvestre Solidaria Tudense

Undefined

O próximo luns, 18 de decembro, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 2ª San Silvestre Solidaria Tudense, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, coa colaboración da Policía Local, Protección Civil de Tui e a Radio Municipal de Tui, en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. A San  Silvestre celebrarase o domingo 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Até o 22 de decembro aberto o prazo de inscrición no curso de Deshabituación Tabáquica

Undefined

Até o 22 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de Deshabituación Tabáquica que organiza o Concello de Tui, a través do departamento de Prevención das Drogodependencias, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro. 

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais en Tui

Undefined

O Concello de Tui continúa coa súa aposta, iniciada hai xa anos, de apoiar o acceso aos estudos de ensinanzas musicais, nos centros municipais, ao alumnado pertencente a familias cun baixo nivel de ingresos, facilitando así que poidan cursar estes estudos ben no Conservatorio Municipal ou na Escola de Música.

Os requisitos a cumprir son que a unidade familiar non supere 3 veces o IPREM, que o alumno ou alumna estea matriculada no Conservatorio Profesional ou na Escola de Música, e empadroada en Tui.

Hoxe, 1 de novembro, abre o prazo de solicitude de axudas ás persoas afectadas polo incendio dos seus vehículos o 20 de marzo

Undefined

Hoxe, 1 de novembro, abre o prazo para que as persoas afectadas polo incendio dos seus vehículos o pasado 20 de marzo poidan solicitar as axudas básicas de emerxencia establecidas polo Concello de Tui.  Onte viu publicado no BOPPO o extracto das bases desta convocatoria, e as bases completas pódense consultar tanto na web municipal tui.gal coma na sede electrónica.  O prazo para presentar a solicitude xunto coa documentación requirida é de 30 días naturais contados a partir de hoxe 1 de novembro.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais