Solicitude de inscrición no programa Cultiva a Mente 2020-2021
Solicitude de inscrición no programa Cultiva a Mente 2020-2021
Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.
Solicitude de inscrición no programa Cultiva a Mente 2020-2021
Na noite do domingo 20 ao luns 21 de setembro a casa do concello de Tui iluminarase de verde. Deste xeito o Concello de Tui súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer, que en lugar o o 21 de setembro.
O Concello de Tui asinou está mañá un convenio de colaboración coa Asociación Avelaíña da Guarda, para a posta en marcha do servizo de atención e asesoramento psicolóxico de persoas con problemas de saúde mental, en Tui.
Estará composto por unha psicóloga e unha traballadora social que, proporcionarán apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar aos veciños e veciñas que o precisen.
O Concello de Tui vén de pór en marcha un Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado “Muller Tui”.
A súa presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Díz, xunto á traballadora social e as dúas técnicas do programa. Asistiron membros da corporación municipal xunto a axentes sociais e representantes de distintas asociacións.
O Concello de Tui súmase á conmemoración do Día do Orgullo que ten lugar este domingo, 28 de xuño. O programa previsto realízase co lema “Orgullosos de Tui”. Comezou hoxe mesmo coa colocación dun banco arco da vella na rúa Ourense e da bandeira na casa do concello.
Revista Aprende a Escoitalos 2019/20
O Concello de Tui súmase a conmemoración do Día Mundial da Ela que ten lugar este domingo, 21 de xuño. Farao iluminando de verde a casa do concello na noite do sábado ao domingo, respondendo así á solicitude feita dende a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, AGAELA.
Hoxe luns, 15 de xuño, comeza o prazo de presentación de solicitudes do Ingreso Mínimo Vital ((Real Decreto-lei 20/2020, de 29 de maio, polo que se establece o ingreso mínimo vital publicado no BOE nº154 do 1 de xuño de 2020)
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, formalizaron onte – coa sinatura do convenio - o acordo con Cáritas Diocesana Tui-Vigo para que sexa está entidade a que realice a recollida de roupa, calzado e complementos usados no municipio. O secretario xeral de Cáritas Tui-Vigo, Jose Antonio García, rubricou o convenio coa administración municipal.
A atención ás persoas maiores pero tamén a poboación escolar, así coma a todas aquelas persoas en situación de vulnerabilidade ten centrado o traballo dos Servizos Sociais Comunitarios dende o inicio do Estado de Alarma o pasado 14 de marzo.