A gobernanza e o liderato educativo estarán a debate mañá e pasado na Eurocidade Tui-Valença
“Gobernanza e liderato educativo” é o título do Seminario Galicia-Portugal que mañá mércores e o xoves se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença.
Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.
Tamén se poden cursar estudos regrados de idiomas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas ou de música no Conservatorio Profesional de Grao Medio.
A ampla oferta de actividades de extensión universitaria na Aula da UNED, cursos de formación ocupacional no Centro Municipal de Formación forman parte da oferta educativa tudense, que se completa cos cursos promovidos por distintas asociacións e entidades ao longo do ano.
“Gobernanza e liderato educativo” é o título do Seminario Galicia-Portugal que mañá mércores e o xoves se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o director do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Victor Manuel González Sánchez, formalizaron hoxe a sinatura dun convenio de colaboración que permitirá ampliar a oferta educativa da aula de Tui coa incorporación do Grao en Turismo.
Mañá xoves, ás 10 h, na casa do Concello de Tui , o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o director do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Victor Manuel González Sánchez, asinarán un convenio entre ambas entidades polo que se ampliará a oferta formativa que a aula da UNED de Tui ofertará este curso 2024/25, na que se incluirá, entre outras novidades, un novo grao.
Remata o verán e comeza un novo curso escolar. Dende o Concello de Tui e a Concellería de Ensino, aproveitouse o tempo estival para realizar obras, arranxos e labores de mantemento nos nove centros educativos do municipio.
Entre as actuacións destacadas atópase a reforma e ampliación dunha aula no CEIP de Caldelas, finalizada a finais de xullo, para dar resposta ao incremento de alumnado. A intervención incluíu melloras na iluminación, instalación de falsos teitos, renovación da electricidade, conexión wifi, colocación de tarima vinílica e traballos de pintura.
O Concello de Tui levou a cabo obras no CEIP de Caldelas coas que da resposta ás necesidades do centro educativo ante o incremento de alumnado rexistrado nos últimos cursos.
O Concello de Tui fai un chamamento ao civismo e á responsabilidade ante os actos vandálicos que nas últimas semanas se están rexistrando nas instalacións do CEIP nº2 de Tui.
A diario se están rexistrando desperfectos no recinto escolar con pintadas, rotura de papeleiras e das redes do campo de fútbol, ao que se suman os numerosos restos de cabichas, papeis, e envases que aparecen no lugar, xunto a ouriños nas paredes.
O CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui vén de ser recoñecido co Distintivo de calidade de centros docentes "Sello Vida Saludable 2024" que outorga o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes. O BOE recollía onte a resolución da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional na que se recollen os 63 centros distinguidos a nivel nacional, dos que 11 son galegos e 7 da provincia de Pontevedra.
O Concello de Tui continua coa súa aposta polo mantemento e mellora das instalacións deportivas do municipio. Onte á tarde tivo lugar a inauguración dos novos vestiarios do CEIP de Guillarei, dos que poden gozar xa tanto o alumnado do propio centro educativo coma os e as deportistas do Club Balonmán Tui, CPA Ribex, Club Bádminton Tui, Club Tenis Tui, A Quinta de Tui FS e A Gándara F.S. que adestran nestas instalacións.
Mañá mércores 19, ás 18.00 horas, levarase a cabo a inauguración dos novos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei, tras as obras realizadas polo Concello de Tui nesa instalación, que darán cobertura aos alumnos e alumnas do CEIP de Guillarei, nas clases de educación física, así como aos clubs deportivos tudenses que realizan os seus adestramentos e competicións nestas instalacións.
Preto de 200 persoas, entre alumnado e profesorado, participarán mañá xoves e o venres na Aloiada 2024, unha iniciativa xurdida hai máis de 15 anos que brinda dúas xornadas de convivencia entre o alumnado de 6º de Primaria en espazos naturais do municipio.