Alumnado e profesorado de 5º e 6º de Infantil de todos os centros educativos tudenses asisten mañá á representación de “Travesía Unicornio” no Teatro Municipal
Alumnado de 5º e 6º de Infantil e os seus profesores e profesoras de todos os centros educativos de Tui asistirán mañá martes, ás 11 h, ao Teatro Municipal á representación de “Travesía Unicornio” da man de Teatro Ghazafelhos. A concellería de Ensino, que dirixe Sonsoles Vicente, bríndalles a oportunidade de asistir a esta representación ao abeiro do programa + Escénicas da Deputación de Pontevedra. A concellería de Eninso faise cargo amais de facilitar o desprazamento dende os colexios situados nas parroquias ata o centro urbano.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.