Tui esixe a Educación un compromiso firme para a reforma integral do CEIP de Pazos de Reis
As instalacións do CEIP de Pazos de Reis precisan unha solución urxente e firme que garantan unha educación de calidade e para poder dar cabida a todo o alumnado que solicita praza neste centro educativo. Con máis de 65 anos de antigüidade, o centro situado na Porteliña, precisa dende hai máis de 20 anos unha solución, que pese aos distintos proxectos existentes ao longo dos últimos anos aínda non se materializou.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.