Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inauguración dos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei

18/06/2024

Mañá mércores 19, ás 18.00 horas, levarase a cabo a inauguración dos novos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei, tras as obras realizadas polo Concello de Tui nesa instalación, que darán cobertura aos alumnos e alumnas do CEIP de Guillarei, nas clases de educación física, así como aos clubs deportivos tudenses que realizan os seus adestramentos e competicións nestas instalacións.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Educación, Sonsoles Vicente, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, acompañados membros da corporación, o equipo directivo do CEIP de Guillarei, así como os representantes dos clubs deportivos que utilizan a instalación.