Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A gobernanza e o liderato educativo estarán a debate mañá e pasado na Eurocidade Tui-Valença

8/10/2024

Persoas expertas de España e Portugal daranse cita neste seminario

“Gobernanza e liderato educativo” é o título do Seminario Galicia-Portugal que mañá mércores e o xoves se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença. Esta actividade enmárcase no Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Organización de Estados Iberoamericanos (OEI), que prevé o desenvolvemento de accións conxuntas que permitan a adecuada promoción da cultura iberoamericana, a internacionalización da educación, a gobernanza e o liderado educativo e a transformación dixital dos sistemas educativos.Conta coa colaboración do Concello de Tui, da Cámara Municipal de Valença, e do Centro de Formación do Val do Miño.

A apertura do seminario terá lugar mañá mércores, ás 16.30 h ES na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença a cargo das autoridades de Tui e Valença, da OIE e da Xunta de Galicia. A continuación António Sampaio da Nóvoa, Cátedra UNESCO – “Futuros da Educação” – Universidade de Lisboa (Portugal) impartirá a conferencia “Liderato escolar: a relación entre liderato, poder e democracia”.

Ás 17.30 h ES terá lugar a primeira mesa redonda co título “O papel da inspección en Educación e a Gobernanza das Escolas” coa participación de Jorge Sarmento Morais, Inspeção Geral da Educação e Ciência de Portugal; Alexandre Ventura, Professor Associado do Departamento de Educação e Psicologia da Universidade de Aveiro e Marcos Rodríguez Bravo, Funcionario del Cuerpo de Inspectores de Educación de Canarias.

Ás 18.20 h ES celebrarase unha segunda mesa “Liderato compartido: retos e oportunidades” na que intervirán Ariana Cosme, Inspetora-geral da Educação e Ciência de Portugal e Julián López Yáñez, Catedrático da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Sevilla e Coordinador da Rede de Investigación en Liderato e Mellora da Educación (RILME).

O xoves o seminario continuará xa en Tui, no Hotel Alfonso . Ás 11.15 h ES Javier Murillo, Profesor, Investigador e Director do Instituto de DDHH, Democracia e Cultura de Paz na Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Louro, Membro da Comissão Permanente do Conselho das Escolas (órgão consultivo do Ministério da Educação, Ciência e Inovação de Portugal) e Diretor do Agrupamento de Escolas Ponte da Barca Representante do Conselho das Escolas e Maria Assunção Flores, Conselho Nacional de Educação de Portugal participarán na mesa “Liderato educativo democrático”.

Tras unha pausa, ás 11.45 h ES, terá lugar a cuarta mesa de diálogo prevista no seminario co tema “Formación para o liderato escolar: capacitar para o liderato organizativo, control e rendición de contas” con José Alberto Hernández Gañán, Xefe do Servizo de Programas de Formación na Dirección Xeral de Centros e RRHH da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP de Galicia, José Carlos Barros Pardo, Inspector e Subdirecctor Xeral de RRHH da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP de Galicia Maria Luísa Oliveira, Diretora-Geral de Administração Escolar do Ministério da Educação, Ciência e Inovação de Portugal, Jorge Oliveira Fernandes, Diretor do Centro de Formação Vale do Minho e Luís Fernandes, Diretor do Centro de Formação da Associação de Escolas dos concelhos da Póvoa de Varzim e Vila do Conde.

A continuación ás 13.45 h ES o tema a tratar será “Xestión e burocracia nos procesos de dixitalización nas escolar” coa participación de Juan Manuel Paz Valle, Xefe do Servizo de Planificación e Coordinación da Inspección da Educación de Galicia e Manuel António Pereira, presidente da Associação Nacional de Diretores Escolares (ANDE), docente e Diretor do Agrupamento de Escolas General Serpa Pinto de Cinfães.

Pola tarde, ás 16.30 h celebrarase a sexta e derradeira mesa de diálogo “Experiencias de éxito de liderato escolar España-Portugal” coa presenza de José Manuel Valcácel, director do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e representante na Xunta Autonómica de Directores, María Isabel Abelleira Bardanca, docente e directora do CEIP A Maía e asesora da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa de Galicia, Olinda Sousa, diretora do Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho e Anabela Leal, diretora da Escola Secundária de Felgueiras.

A clausura deste Seminario “Gobernanza e liderato educativo” terá lugar ás 17.45 h ES a cargo das autoridades de Tui, Valença, OEI e da Xunta de Galicia.