A bandeira da democracia ondea nos centros educativos da Eurocidade
A bandeira da democracia lucirá en todos os centros educativos de Tui e no Agrupamento de Murallas do Minho en Valença. Esta bandeira de Educación e Democracia simboliza o compromiso colectivo das comunidades educativas cos valores da liberdade, da cidadanía e da participación, e que os centros educativos son espazos nos que se aprende a vivir en democracia.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.