Mañá martes preséntase a Aloiada 2022
Mañá martes, 14 de xuño, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da Aloiada 2022, proxecto organizado polos colexios de Educación Primaria e Infantil de Tui (CEIPs), en colaboración co Concello de Tui. No mesmo máis de 120 alumnos e alumnas de 6º de Primaria participarán en diversas actividades no medio natural, tanto no Monte Galiñeiro, coma no Monte Aloia e no río Miño.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.