Alumnado de 4º da ESO dos IES’s San Paio e Indalecio Pérez, do Seminario e do Colexio Maristas participan mañá no programa Cine nas Aulas
Mañá mércores terá lugar a segunda proxección do programa Cine nas Aulas no Teatro Municipal de Tui. Asistirán un total de 198 alumnos e alumnas e profesores e profesoras de 4º de ESO dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Seminario Menor San Paio e Colexio Maristas Sta María. Con esta película traballaran sobre valores como aceptación, amizade, igualdade, inclusión, respecto, superación, comprensión, liberdade, empatía, amor, lealdade, coraxe, dignidade.





Tui conta cunha ampla oferta formativa dende os primeiros anos da infancia nas Escolas Infantís, posteriormente nos ciclos de Infantil e Primaira nos colexios, a ESO, Bacharelatos e Ciclos Formativos nos institutos até a universidade cos estudos do grao en Psicoloxía que oferta a Aula da UNED.