Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sinatura do convenio Concello de Tui – Uned para ampliar a oferta formativa da aula tudense

25/09/2024

Mañá xoves, ás 10 h, na casa do Concello de Tui , o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o director do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, Victor Manuel González Sánchez, asinarán un convenio entre ambas entidades polo que se ampliará a oferta formativa que a aula da UNED  de Tui ofertará este curso 2024/25, na que se incluirá, entre outras novidades, un novo grao.