Mañá preséntase o MUMI 2024
Mañá martes, 9 de xullo, ás 11:30 h ES presentarase un avance da programación do V ENCONTRO PROFESIONAL DE MÚSICA GALICIA-PORTUGAL, MUMI 2024. O acto terá lugar na Pousada da Fortaleza de Valença.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Mañá martes, 9 de xullo, ás 11:30 h ES presentarase un avance da programación do V ENCONTRO PROFESIONAL DE MÚSICA GALICIA-PORTUGAL, MUMI 2024. O acto terá lugar na Pousada da Fortaleza de Valença.
Cita ineludible para os amantes da música e da cultura tradicional a que se vai celebrar o venres 5 e o sábado 6 de xullo no torreiro de festas de Guillarei co Festival Folk GuillaFolk organizado pola Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei coa colaboración do Concello de Tui. Este evento abre a programación "Tui, verán na rúa".
Comeza a programación “Tui, Verán na rúa” esta fin de semana coa celebración do GuillaFolk organizado pola Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei coa colaboración do Concello de Tui.
Mañá venres 5 e o sábado 6, Guillarei converterase no epicentro da música e da cultura tradicional coa celebración do GuillaFolk, co VII Festival Folclórico e o IX Festival de Bandas. O evento terá lugar no Torreiro de Festas de Guillarei e ofrecerá unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.
O sábado, 29 de xuño, ás 19 h, celebrarase na Alameda de San Domingos celebrarase o Acto conmemorativo do XXV aniversario da inauguración do monumento á memoria aos represaliados de Silverio Rivas
Está organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica coa colaboración do Concello de Tui
Tui prepárase para celebrar a máxica noite de San Xoán cunha programación repleta de actividades na que non faltará a recollida de herbas de San Xoán, propostas gastronómicas nas que non faltarán as sardiñadas, as tradicionais cacharelas e concertos.
Son un total de oito puntos ao longo do municipio onde terán lugar as celebracións organizadas por asociacións culturais e veciñais co apoio do Concello de Tui.
Tui prepárase para vivir un verán na rúa gozando dos diferentes eventos culturais e de lecer que se van celebrar tanto no centro urbano coma nas distintas parroquias que brindarán música en directo, danza, cinema, concursos, gastronomía,… con propostas novidosas e outras que contan con gran tradición.
Esta é a programación de agosto de "Tui, verán na rúa".
Está a programación "Tui, verán na rúa" que poderemos gozar no mes de xullo en Tui:
O vindeiro luns, 24 de xuño, coincidindo co CXXXIII aniversario da celebración dos Xogos Florais de Galicia, o concello de Tui realizará, un ano máis, un acto conmemorativo desta data sinalada na recuperación da lingua e da cultura galega que tivo a Tui como protagonista.
Esta mañá tivo lugar na Casa do Concello de Tui unha xuntanza para a constitución da comisión organizadora do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui que tivo lugar o 30 de novembro de 1225. Á reunión asistiron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e o deán do Cabido da catedral tudense, José Diéguez Dieppa.