Conservatorio no Nadal

Data:
11/12/2024
Lugar:
Tui
O bo facer dos músicos e músicas que forman parte do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui estará moi presente no Nadal, con catro concertos abertos á veciñanza para poñer a nota musical a este mes de decembro. Deste xeito o alumnado deste centro de ensinanzas musicais súmase á maxia do Nadal en Tui.
Programación
Concerto solidario de Nadal do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui.
- Mércores, 11 de decembro, ás 20h
- A partir das 18 h Recollida de alimentos non perecedoiros por parte de Sos Tomiño Baixo Miño na porta principal do Teatro
- Entrada de balde ata completar aforo aportando 1 kg de alimentos non
- perecedoiros.
Música no novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela
- Martes, 17 de decembro, ás 18.30 h
- 1ª parte: Solistas e diferentes agrupacións
- 2ª parte: Orquestra de cordas do Grao Profesional
- Mércores, 18 de decembro, ás 18.30 h
- 1ª parte: Solistas e diferentes agrupacións.
- 2ª parte: Banda de vento e percusión do Grao Profesional.
- Xoves 19 de decembro ás 18.30 h
- 1ª parte: Actuación das alumnas e alumnos de Música e Movemento (5 e 6 anos) + Solistas e diferentes agrupacións
- 2ª parte: Conxunto de gaitas do Grao Profesional.