Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha escolma das obras participantes no concurso Pinta Tui 2024 exponse ao público no Anexo da Sala Municipal

9/12/2024

O Anexo da Sala Municipal de Exposicións no Edificio “Francisco Sánchez” acolle até o 4 de xaneiro unha escolma das obras gañadoras do  certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’ que neste ano alcanza a súa novena edición.

O concurso, celebrouse no mes de novembro coa colaboración do Concello e doutras entidades da cidade, contando coa participación de máis dunha trintena  de persoas de toda a provincia de Pontevedra e da Coruña. Nas súas obras, que agora se poden ver expostas ao público, recolleron  espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.

Na categoría de adultos o primeiro premio foi para Borja Rubén Martínez Salgado, o segundo para Bianca Fernández Díaz e o terceiro logrouno José Luís García Miranda. Na categoría xuvenil os premios foron para Mónica Rodríguez Estévez e María Jorge Cortizo. Mentres que en categoría infantil foron galardoados Lukas Pérez Ramilo, Mía Durán  Rodríguez e Eva Corbillón Ferrol.

A exposición pode visitarse en horario de 9 a 14 h. e de 15.30 a 20.00 h de luns a  venres, e os sábados de 9 a 13 h.