Aprazados debido á previsión de choiva a proxección de cinema e os concertos de “Sons na rúa” previstos para mañá venres
Debido á previsión de choiva para mañá venres aprázanse os dous eventos previstos dentro da programación “Tui, verán na rúa”.
Así a proxección de “La Canción del Mar” no cinema ao aire libre no Paseo Fluvial aprázase para o próximo venres 4 de agosto.
Por outra parte os dous concerto a cargo de Acevedos Delgados e Pacheco Bros que ían ter lugar no Paseo da Corredoira e na praza do Concello dentro do ciclo “Sons na rúa”, quedan suspendidos. Informarase nos próximos días das novas datas nos que terán lugar.