Entroido 2024
O martes, 13 de febreiro, Martes de Entroido, ás 17.30 h celebrarase en Tui o XXXV Desfile Concurso de Entroido.
A concentración dos participantes levarase a cabo o martes 13 de febreiro, de 15:30 a 17:00 horas, na rúa Mártires de Sobredo e rúa A Guarda. O desfile comezará ás 17:30 h para realizar un percorrido por un circuíto pechado ao tráfico polas rúas Mártires de Sobredo, Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.