Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto “A historia de Santa Claus” da Banda de Música Popular de Tui

Data: 
27/12/2024
Lugar: 
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez

A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto de Nadal único baixo o título de “A historia de Santa Claus". Será o venres, 27 de decembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui. 

Amais da Banda de Música Popular de Tui, participará tamén o Grupo de Teatro de Pazos de Reis, un narrador e unha cantante. O evento, cunha duración de 70 minutos, promete ser unha experiencia máxica para toda a familia ao combinar música, narración e teatro para contar a orixe real desta figura tan emblemática, levando ao público a través dos séculos ata o momento máis esperado por todos os nenos e nenas: as noites do 24 e 25 de decembro, cando Papá Noel reparte os agasallos nas casas de todo o mundo.

 Programa

  • Silent Night (James Swearingen)  
  • Santa Claus (Ferrer Ferran)  
  • Brindis (Ferrer Ferran) 
  • Sinfonía de los juguetes (L. Mozart) 
  • Villancicos tradicionais 
  • Feuerfest (polka) (Strauss)  
  • Radetzky (Johann Strauss) 

Venda de entradas dende o luns 9 aos prezos de 5€ e 3€ 

Venda de entradas