Carmen Blanco presenta mañá en Tui a súa novela “Gorriones y halcones. El viento en la piedra”
Mañá xoves, 27 de abril, ás 19.30 h, na Sala de Exposicións Municipal, terá lugar a presentación do libro de Carmen Blanco Sanjurjo Gorriones y halcones. El viento en la piedra. É unha novela histórica que narra as complexas relacións das familias nobres galegas do século XV, entre elas os Soutomaior asentados en Tui e no sur de Galicia, no contexto da sublevación irmandiña e dos intricados conflitos dunha época de grandes cambios sociais e loitas de poder.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.