Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

“A Exposición Secuestrada. Estampa Popular Galega. Tui 1968” prorrógase até o 16 de novembro

Undefined

A mostra  “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968” inaugurada o pasado 27 de setembro na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui amplía o prazo de visita do público ata o 16 de novembro á vista do éxito de público e ás numerosas petición recibidas ao respecto.

Tui celebra o Samaín cun roteiro nocturno o próximo xoves 31

Undefined

Un roteiro nocturno polo conxunto histórico é unha das propostas que haberá en Tui para celebrar o Samaín. O concello de Tui organiza esta actividade para o próximo xoves, 31 de outubro, de nove da noite a unha da madrugada ofrecendo aos participantes a oportunidade de descubrir os segredos agochados polas rúas empedradas e os túneles desta zona da cidade, redescubrindo Tui dende unha perspectiva distinta.   

Roteiro nocturno do Samaín

O xoves 31 de outubro terá lugar un roteiro nocturno de Samaín en Tui. Será de 21 h a 1 h ofrecendo aos participantes a oportunidade de descubrir os segredos agochados polas rúas empedradas e os túneles desta zona da cidade, redescubrindo Tui dende unha perspectiva distinta.   

O percorrido comezará na praza da Inmaculada, en grupos de 10 persoas que irán partindo cada cinco minutos. Ao longo da andaina poderanse cruzarán con misteriosos personaxes que, ademais de contar as súas historias de vida, poden provocar algún susto inesperado.

Un encontro coa escritora Rexina Vega abre a nova temporada dos clubs de lectura en Tui

Undefined

A escritora Rexina Vega estará mañá mércores en Tui para manter un encontro coas persoas integrantes dos clubs de lectura tudenses sobre o seu último libro “O teu perfil na miña sombra” publicado este ano en Galaxia. Unha actividade que promove a concellería de Igualdade do Concello de Tui.

O Concello de Tui colabora na campaña de doazón de rexistros sonoros en galego co proxecto Nós

Undefined

O Concello de Tui colabora na campaña de doazón de voz realizada polo proxecto Nós que ten por obxectivo rexistrar as voces da cidadanía para recoller as variedades fonéticas e dialectais do Baixo Miño para que a lingua galega estea tamén presente nas novas tecnoloxías. A campaña chegará a Tui o próximo xoves, 24 de outubro.

Bandullo Azul presenta mañá xoves na Biblioteca Municipal “Filipa cos contos”

Undefined

Mañá xoves, 17 de setembro, ás 17.30 h na Biblioteca municipal tudense terá lugar unha nova sesión de contacontos a cargo de “Bandullo Azul” co seu espectáculo “Filipa cos contos”. Esta actividade forma parte do programa de “Outubro: mes da biblioteca” que achega diversas actividades de animación á lectura ao longo deste mes.

Música e teatro para a primeira infancia este venres no Teatro Municipal con Catro Cores

Undefined

Un espectáculo musical e teatral para público familiar é o que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui dentro da programación de outono. Será “A trompa non é so cousa de elefantes” da man de Catro cores. Esta formación integrada Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola é o único cuarteto de trompas de Galicia.

ButacaZero presenta este venres en Tui “Iribarne”

Undefined

A compañía ButacaZero presenta este venres, 11 de outubro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui "Iribarne" dirixida por Xavier Castiñeira e da autoría de Eshter F. Carrodeguas.  A peza, unha irreverente investigación escénica, mergúllase na vida dun personaxe singular que percorre momentos clave da historia de España, desde a Monarquía de Alfonso XIII ata a ditadura franquista.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura