Pepo Suevos presenta “A Xira do cuarto de século”
Pepo Suevos presenta “A Xira do cuarto de século” o venres, 11 de xullo, ás 22.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. A entrada libre até completar o aforo.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Pepo Suevos presenta “A Xira do cuarto de século” o venres, 11 de xullo, ás 22.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. A entrada libre até completar o aforo.
Música, traxes e cultura tradicional protagonizan a primeira fin de semana deste mes de xullo en Tui co V Festival da Cultura Tradicional e Folk que organiza a Asociación Cultural San Telmo.
O festival comeza este venres 4 de xullo coa inauguración da exposición “O traxe da muller aldeá” da man do grupo etnográfico Traxandaina. Trátase dunha valiosa mostra das roupas que vestían as mulleres aldeás, sobre todo, en Lugo, con elementos orixinais que se conservan até a actualidade. Estará aberta no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela até este domingo día 6.
A primeira fin de semana de xullo comeza a programación de verán do Concello de Tui co V Festival da Cultura Tradicional e Folk que organiza a Asociación Cultural San Telmo. Este é o programa de actividades:
O domingo, 6 de xullo, terá lugar a conmemoración do 125 aniversario da Cruz do Parque Natural do Monte Aloia. Esta celebración coincide coa Romaría de Nosa Señora das Angustias que ten lugar no cumio no monte.
O programa previsto é o seguinte:
A aula da UNED de Tui acolle o curso de verán “La comunicación del cambio climático en España” entre o mércores 2 e o venres 4 de xullo.
Durante tres xornadas, destacados relatores e expertos impartirán conferencias sobre a cobertura do cambio climático nos medios de comunicación españois, a súa evolución, a desinformación e sobre recursos enerxéticos.
Este venres, ás 19 h inaugurarase na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Sobre la brevedad de la vida” de Xulio M. Sigüenza.
Nesta exposición, que se poderá visitar até setembro, o autor reflexiona sobre arte, memoria e existencia, o tempo e a súa expresión. A mostra recolle obras ou instalación realizadas por Xulio M. Sigüenza convidando a ollar os obxectos cunha nova perspectiva.
Este xoves, 26 de xuño, ás 20 h na praza do Pracer o concello de Tui renderá unha homenaxe á escritora galega Francisca Herrera Garrido (A Coruña, 1869-1950), a primeira muller en publicar unha novela en lingua galega e tamén a primeira muller en pertencer á Real Academia Galega dende 1945.
O Concello de Tui promove, un ano máis, a conmemoración do aniversario dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega na etapa contemporánea que tiveron lugar no Teatro Principal tudense entre o 24 e o 26 de xuño de 1891.
Os actos programados polo Concello de Tui para a celebración do CXXXIV aniversario destes Xogos Florais abranguen dúas actividades a desenvolver este mércores 25 e o xoves 26 de xuño.
Ás 21.30 h Festa Gastronómica na rúa Compostela